fbpx
Síguenos en

Búsqueda

LA ÚLTIMA HORA NOTICIAS

Inicio de sesión ¡Bienvenido/a de vuelta!

¿No tienes cuenta en LA ÚLTIMA HORA NOTICIAS? hazte socio/a ahora

Política

Os Orzamentos para Galicia duplican o investimento social

Os Orzamentos Xerais do Estado prevén para 2021 en Galicia un investimento de 832,2 millóns de euros. Así, Galicia será a sexta comunidade autónoma na que máis investimento se prevé

Orzamentos Galicia investimento social
Por Artur Sampayo.

Malia a caída do investimento nuns 105 millóns de euros con respecto aos orzamentos do pasado ano, Galicia é a sexta comunidade con maior partida do Estado e a sétima das 17 na que maior investimento por habitante se producirá o vindeiro ano, por riba da media estatal e mesmo multiplicando por 1,6 o investimento por habitante de comunidades como a Comunidade de Madrid.

A caída débese en boa medida á finalización das obras do AVE, que supuñan 461,5 dos 936,8 millóns de euros que se investiron nos pasados orzamentos, unha obra moito menos beneficiosa para a poboación galega que outros investimentos que se poderán realizar este ano coa partida de 832,2 millóns de euros que quedan libres para o resto de materias, uns 240 millóns máis que nos previos.

Así, descontando os investimentos realizados nos pasados orzamentos na obra do AVE a Castela e Madrid, o investimento en Galicia por provincias aumenta un 39% na d’A Coruña, un 90% na de Lugo, un 83% na de Ourense e un 32% na de Pontevedra.

Se ben é certo que Galicia segue adoecendo dunha falla de investimento público para cubrir as necesidades dos galegos e galegas, non se pode culpar disto á distribución territorial dos orzamentos (pois a Galicia chega un investimento proporcional ao seu peso poboacional e superior ao seu peso económico no PIB estatal, como reclamaban as forzas soberanistas doutras nacións do Estado como Catalunya e Euskadi que si votaron a favor dos orzamentos), nin a outras partidas inxustas e ilexítimas como a da Casa Real (pois supón uns 8 millóns de euros a repartir entre as 17 comunidades que non mudarían substancialmente a situación do investimento publico en Galicia) senón á falta de capacidade do goberno español para recadar para o Estado o diñeiro producido polo traballo dos traballadores españois que está en mans de inversores privados.

Doutro xeito: sen incrementar substancialmente a recadación pública o incremento substancial da partida para unha determinada Comunidade Autónoma suporía minguar a partida doutras comunidades que tamén contan coas súas necesidades.

Comparte esta noticia

TE NECESITAMOS PARA SEGUIR CONTANDO LO QUE OTROS NO CUENTAN

Si piensas que hace falta un diario como este, ayúdanos a seguir.

HAZTE SOCIO por 5 euros al mes

1 Comentario

Queremos garantizar que los debates y comentarios que se generen en nuestras noticias sean de la calidad que cada una de vosotras y vosotros merece. Por ello, tan solo nuestras socias y socios tienen la posibilidad de interactuar de esta forma, ÚNETE AQUÍ y colabora con la información que no rinde tributo a intereses privados ni poderes económicos.

Si tan solo quieres leer los comentarios,
PUEDES REGISTRARTE COMO USUARIO/A

TE NECESITAMOS PARA SEGUIR CONTANDO LO QUE OTROS NO CUENTAN

Si piensas que hace falta un diario como este, ayúdanos a seguir.

HAZTE SOCIO por 5 euros al mes